ESPECIAL – Exposición Reproduccións talladas de Petroglifos
14 octubre, 2011
ESPECIAL – EXPOSICIÓN DE REPDRODUCCIÓNS TALLADAS DE PETROGLIFOS XAVIER GARRIDO
Vía: www.infominho.com
O pasado Xoves 13 de Outubro de 2011 asistimos á inauguración da Exposición de reproduccións de petroglifos tallados en pedra do escultor Xavier Garrido no Talaso Atlántico de Oia. Para a ocasión asistiron o Director do Hotel Talaso Atlántico, o investigador e historiador Costas Goberna e amigos e coñecidos de Xavier Garrido.
Nesta exposición atópanse pezas talladas en Pizarra do Courel, Pizarra Negra de canteira de Lugo, Pizarra de alta densidade e Pizarras recuperadas da cúpula do edificio do Banco Simeón de Vigo.
Un total de 37 pezas talladas compoñen esta primeira exposición de Xavier Garrido, un escultor que leva 8 anos reproducindo petroglifos en pedra atopados na franxa atlántica. Nestas reproduccións atópanse reproduccións de petroglifos de Oia(O Viveiro, Auga dos Cebros, A Pedra da Lan, A Pedra do Cazador, A Xestosiña, entre outras), de Cangas(Pinal do Rei e Outeiro do Río Loureiro), da Guarda(Triquel do Monte Trega), de Campo Lameiro(Rotea de Mendo, Laxe dos Cabalos e Pedra Boullosa), de Ponteareas(Castro de Troña), de Tomiño(Monte Tetón), do Rosal(Muíños do Folón), entre outros.
Unha ampla selección de reproduccións de petroglifos que segundo nos explicou o seu autor seguen un proceso para a súa creación: en primeiro lugar realízase a localización do petroglifo (en moitas ocasións trátase de petroglifos descobertos recentemente), despois se realiza un calco con papel e carboncillo e se dixitaliza, para despois adaptar ó tamaño do mesmo á pedra na que se vai tallar. E nese momento cando se dibuxa na pedra e se procede ó barnizado da mesma, para finalmente realizar o esculpido e pintado, se é o caso da peza.
Estas pezas talladas poden adquirirse con prezos que oscilan entre os 3€ e os 165€.
Animamos a todos os que desexen indagar un pouco máis sobre a nosa cultura arqueolóxica a que visitedes esta exposición ubicada no Talaso Atlántico de Oia.