As ‘Bágoas de San Lourenzo’ traen até 100 meteoros á hora

OS DÍAS 12 E 13 DE AGOSTO
As ‘Bágoas de San Lourenzo’ traen até 100 meteoros á hora

Redacción . O fenómeno astronómico anual coñecido popularmente como ‘Bágoas de San Lourenzo’ permiriá observar este xoves e venres, 12 e 13 de agosto, a´te 100 meteoros á hora, momento no que se producirá o momento álxido desta chuvia de estrelas.

Científicamente denominadas como Perseidas, este fenómeno está en activo dende o pasado 16 de xullo, pero non será até este xoves e venres cando se produza con maior intensidade até a súa desaparición o 24 de agosto, cando a Terra deixe de estar dentro da nube de partículas de influenza.


As Bágoas de San Lourenzo é un fenómeno que ten lugar cando a Terra, na súa órbita arredor do Sol, pasa por unha nube de partículas que foi xerada polo cometa Swift Tutlle e que está estacionaria no mesmo lugar, por iso a visión da chuvia de meteroros se produce cada verán máis ou menos nas mesmas datas.


A última vez que o Swift Tuttle pasou cerca do Sol foi no ano 1992, polo que o pico máis alto de chuvia de meteoros produciuse no ano 1993, ano no que se contabilizaron 400 meteroros á hora.


Recomendacións


Para poder visionar a chuvia de estrelas de San Lourenzo os expertos recomendan “a simple vista”, sen axuda de prismáticos nin telescopios. Iso si, o espectador deberá dirixir a vista en dirección noroeste, cara a Constelación de Perseo pasadas as 23h00 e durante a madrugada.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *